Así remataron Aurora Lamas e Maruja a lectura dun poema feito na Asociación de Amas de Casa de Rois para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no auditorio municipal. Previamente, o tenente alcalde Manuel dos Santos, lera tamén outro poema que fixeron as mulleres do mesmo colectivo. Unha forma de amosar que en Rois todos están contra a violencia de xénero. Foi o colofón, xunto cun animado debate co público asistente, co que Ana Hermida remataba o seu espectáculo “Miña casiña, meu lar”. Un monólogo durante o cal a actriz de Arteixo foi relatando diferentes situacións de violencia doméstica que viven moitas mulleres. Durante o espectáculo houbo tempo tamén para amosar un vídeo con datos da violencia de xénero a nivel mundial e de ver a mensaxe de Antonio Banderas, embaixador da Boa Vontade para o Desenvolvemento da ONU, animando a todos a todos a levantarnos e denunciar cando vexamos violencia contra as mulleres.