Reunión de Ramón Tojo con María M. Allegue

Ramón Tojo reúnese coa conselleira de Vivenda para avanzar na humanización de Urdilde

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, mantivo un encontro de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para abordar actuacións no eido das infraestruturas que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os temas tratados destacou a proposta de humanización da entrada de Urdilde, que inclúa a creación dun paseo na zona máis próxima a Santiago. >

Ramón Tojo reúnese coa conselleira de Vivenda para avanzar na humanización de Urdilde Leer más »

Cartel do concerto da Academia de Música Santo André e da Escola de Música de Rois. Intercambio cultural.

Unha nutrida delegación da Academia de Música de Santo André visitará Rois a semana que vén

  • A delegación portuguesa devolve a visita que lle fixo o alumnado da Escola de Música de Rois no marco dun intercambio cultural
  • O encontro inclúe un concerto conxunto de ámbalas agrupacións, que se celebrará o sábado 12 no auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo
  • A comitiva lusa desfrutará dun intenso programa que lle permitirá achegarse á cultura galega, coñecer a contorna e gozar da nosa gastronomía

Unha nutrida delegación da Academia de Música de Santo André visitará Rois a semana que vén Leer más »

Cartel de Abril, mes dos libros 2025. Rois

Rois festexa ‘Abril, mes dos libros’ cun contacontos e cun obradoiro de bonecos de trapo

  • Celebrará o Día do Libro, 23 de abril, con merenda, con solta de libros e co espectáculo 'As peripecias de Xurxo'
  • O venres 2 de maio, as familias poderán facer a súa propia personaxe de trapo no obradoiro 'O faiado de Nin'

Rois festexa ‘Abril, mes dos libros’ cun contacontos e cun obradoiro de bonecos de trapo Leer más »

Cartel DiverPascua 2025

O Concello de Rois abre ata o luns 7 de abril a inscrición no campamento de conciliación DiverPascua

  • Desenvolverase nos colexios de Rois e de Urdilde os días 14, 15 e 16 de abril
  • O horario abrangue dende as 9.30 hás 14.30 horas e pode estenderse co servizo de amencer dende as 7.30 horas
  • Desfrutan de bonificacións sobre o prezo xeral de 18 euros (19,5 con amencer) as/os irmás/áns e as familias numerosas e monoparentais

O Concello de Rois abre ata o luns 7 de abril a inscrición no campamento de conciliación DiverPascua Leer más »

Rois acolle o xoves 27 de marzo unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica

  • A cita é a partir das 19:30 horas no Edificio Multiúsos
  • O obxectivo é fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos no fogar, promovendo prácticas sostibles entre a veciñanza
  • Entregarase de balde un composteiro, un aireador e un manual de compostaxe
  • É preciso inscrición previa

Rois acolle o xoves 27 de marzo unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica Leer más »

A Xunta financia con 123.000 euros o novo PAI de Urdilde, que abrirá o vindeiro curso

  • O alcalde e a conselleira Fabiola García visitaron as instalación, coas obras practicamente rematadas
  • O Punto de Atención á Infancia contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos
  • As escolas infantís públicas galegas abren o prazo de matrícula para o curso 25-26, que remata o 4 de abril

A Xunta financia con 123.000 euros o novo PAI de Urdilde, que abrirá o vindeiro curso Leer más »