Rois ponse no “Camiño das Letras Galegas” con teatro, música, artesanía e concertos

  • O “Serán da Lingua” é un dos puntos fortes do programa que empeza o 5 de maio coa representación de “Os tres porquiños” e remata o 11 de xuño cun “Café con letras”

Rois, 26-5-2018. Teatro para pequenos e maiores, música tradicional, contacontos e concertos nos centros educativos, unha mostra de artesanía e unha exposición sobre María Victoria Moreno conforman o amplo e variado programa “Rois no Camiño das Letras Galegas”, co que o Concello celebrará o mes de maio. >

San Isidro: Feira de Artesanía

Máis de corenta artesáns participaron na Feira de Artesanía que organizou o Concello de Rois con motivo as festas do Santo Isidro. Productos do campo, alimentación, roupa, bisutería, menaxe, cociñas foron algún dos sectores representados. Tamén se atopaban representantes da Asociación AMIPA, coas elaboracións das persoas con discapacidade, e da Xunta de Galicia, fomentando a reciclaxe responsable.

San Isidro: Exposicións de animais e feira de maquinaria

Cabras, ovellas, burros, porcos celtas, vacas, galiñas de mos… eran algún dos animais de razas autóctonas que puideron contemplar as persoas que se achegaron ata a Feira de San Isidro en Rois. Nesta mostra participaron Porco Celta Asoporcel e Galiña de Mos A exposición de maquinaria agrícola completaba esta oferta agrogandeira para os visitantes.

A primeira mostra de teatro escolar afeccionado ‘TeatROIS’ celébrase esta fin de semana

  • Grupos de Valongo (Portugal), do Xelmírez I de Santiago e de Rois representarán catro obras de venres a domingo

23-05-2018. O auditorio municipal de Rois acolle esta fin de semana a primeira mostra de teatro escolar afeccionado TeatROIS. As compañías da Escola Secundaria de Valongo (Portugal), Vai no dentista (do IES Xelmírez I de Compostela) e os grupos de teatro roisenses Vacalouras e Teatro do Porviso porán en escena catro obras entre o venres 25 e o domingo 27 de maio. >

Santo Isidro: ambiente durante todo o día

O concurso de tractores, o campionato de truco xunto cos inchables para os máis novos, xunto coas actuacións musicais, foron as actividades que congregaron a máis xente durante a celebración da Feira de Artesanía e exposición de maquinaria agrícola e de animais de razas autóctonas que organizou o Concello de Rois para conmemorar o Santo Isidro.