• O xoves e venres estará na pista polideportiva de Vilachán, e o luns e martes en Urdilde

  • É necesario pedir cita previa no 902 309 000 ou na web www.sycitv.com

A unidade móbil número 3 da inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o municipio de Rois a mediados do vindeiro mes de marzo, para que os titulares desta maquinaria poidan pasar a ITV sen desprazarse fora do concello.

En concreto, os días 12 e 13 de marzo a ITV inspeccionará os vehículos agrícolas que se acheguen ata a pista polideportiva de Vilachán, en Augasantas. O xoves, día 12, estará de 09.00 a 13.30 e de 15.15 ata 18.00 horas. O venres só atenderá de 09.00 a 13.30 horas

Os días 16 e 17 a unidade móbil desprazarase ata Urdilde, situándose na explanada da saída da vía rápida cara a Negreira. O luns, día 16, atenderá de 09.00 a 13.30 e, pola tarde, de 15.15 a 18.00. O martes, día 17, estará só pola mañá09.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas terán que pedir cita previa para pasar a ITV agrícola en Rois. Poden facelo no teléfono 902 309 000 ou na páxina web de SyCItv (preme neste enlace)