A comitiva dos Reis Magos percorrerá mañá, 5 de xaneiro, as parroquias de Rois dende as catro da tarde, e recibirán e falarán despois con todos os nenos e nenas que se queiran achegar ao edificio multiusos sobre as oito da tarde.

Se queres ver as Súas Maxestades na túa parroquia, ten en conta os seguintes horarios da comitiva:

16.00 h. Infesta- Rois-Buxán- Silvarredonda-A Pereira-Leroño-Augasantas- Vilachán-Sabacedo-Figueroa-O Codeso- Colexio de Urdilde
17.15 h. Colexio de Urdilde-A Calle-Rotonda de Macedos- A Calle-O Pumar-Quintáns-Liñares-Carrais-A Pontenova-A Peruca-O Cruceiro-O Casal-Seaxe-Sorribas
18.30 h. Sorribas-Tourís-Francelos-Ribasar- O Sisto- A Gandariña
19.00 h. A Gandariña-A Meana-Lamego-Seira-Lamego-Igrexa de Oín
19.30 h. Chegada á igrexa de Oín e ofrenda

A continuación, no edificio Multiúsos:
– Recepción oficial das Maxestades de Oriente a cargo das autoridades municipais
– Discurso dos Reis Magos e entrega de agasallos aos nenos e nenas.