Preto de 100 pilotos de enduro participaron este domingo na II Resistencia Rois 2020 por Parellas, unha proba organizada pola Liga Galega de Moto de Campo e celebrada nos montes de Oín na que resultaron vecedores Juan Carlos Moreiras e Pablo García.
Na categoría Sub 90 venceu a parella formada por Benito Varela e Jacobo Méndez (Dicode); en Sub 70 gañaron Jorge Paradelo e Diego Teixeira (Valdeorras); os gañadores en Sub 50, Juan Carlos Moreiras e Pablo García (Dicode), foron tamén os vencedores absolutos da proba; na categoría Familia proclamáronse campións Miguel González e Luis González; e, por último, Jorge Suárez e Emilio Barcia quedaron en primeira posición na categoría Master. As clasficacións por categorías pódense consultar no arquivo adxunto a esta nova.
A competición deu comezo pasadas as dez da mañá cunha volta de recoñecemento para, a partir das 11.00, dar paso á resistencia de tres horas. Tras o esforzo realizado na carreira, os pilotos repuxeron forzas cunha comida, tras a que se produciu a entrega de Premios Resistencia e Temporada 2019. O fin de festa correu a cargo do grupo Os Mostrencos, que ofreceu un concerto para todos os asistentes.
Podes ver neste album de Facebook algunhas imaxes da proba, cedidas pola organización da carreira: https://www.facebook.com/ConcelloDeRois/photos/?tab=album&album_id=2460765677518868