O Concello de Rois cambia o sistema de acceso ao ximnasio municipal de cara ao inicio do curso 2026-27. Todas as persoas usuarias das instalacións, tanto as que xa acudían ao ximnasio durante a pasada temporada como as novas altas, deberán formalizar a inscrición e recoller unha nova ficha de acceso.

O mércores 30 de setembro quedarán desactivadas todas as fichas da temporada anterior, polo que estas deixarán de funcionar para acceder ás instalacións.

Para obter a nova ficha, será necesario formalizar previamente a inscrición a través do formulario de actividades deportivas. Unha vez realizado este trámite, as persoas usuarias poderán acudir a partir do 21 de setembro, en horario de apertura, ao edificio Multiúsos para recollela.

As novas fichas estarán operativas a partir do xoves 1 de outubro, coincidindo co inicio do curso 2026-27.

O Concello lembra que este trámite é obrigatorio para todas as persoas usuarias, tanto para aquelas que renoven a súa inscrición como para as que se dean de alta por primeira vez.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao edificio Multiúsos ou contactar no teléfono 981 816 061.