Xa temos data e hora para o XV Torneo Interparroquial de fútbol-7 do concello de Rois. Esta nova edición do campionato por barrios xogarase en dúas quendas. Unha primeira durante a tarde do domingo 14, onde terán lugar os partidos de grupos, e unha segunda o domingo 21 para disputar a fase final e proclamar a parroquia gañadora deste ano.
San Pedro vai tratar de revalidar o título da pasada edición que gañaran frente a Buxán por 1-0. Sen embargo, para logralo, ademais de voltar a vencer aos de Buxán, deberán sobreporse ás parroquias de Herbogo, Santa María de Oín, San Xoán e Ribasar.
O campionato organizado polo concello de Rois, conta coa colaboración do CD Rois e disputarase no campo de fútbol da Braña (Seira). Os seis equipos participantes divídense en dous grupos, de onde saen os semifinalistas. O calendario é o seguinte:
Domingo 14 de xullo: Fase de grupos
18.30 Herbogo-Buxán / Ribasar-San Xoán
19.20 Santa María de Oín-Buxán / San Pedro-Ribasar
20.10 Herbogo-Santa María de Oín / San Pedro-San Xoán
Domingo 14 de xullo: Fase final
18.00 5º e 6º posto
18:50 Semifinais
19.40 3º e 4º posto
20.30 Final
21.30 Entrega de trofeos