O tradicional xantar popular de Santo Isidro, organizado polo Concello de Rois con motivo das festas patronais, celebrarase o xoves 15 de maio no polideportivo dos Dices e reunirá, un ano máis, a centos de persoas nun ambiente festivo e familiar.
Para asistir ao xantar é imprescindible retirar previamente a correspondente entrada nas oficinas do Concello antes do luns 12 de maio. Os prezos do menú son os seguintes:
- 7 euros para nenos e nenas empadroados/as en Rois de ata 10 anos
- 12 euros para persoas empadroadas en Rois
- 27 euros para persoas non empadroadas
Desde o Concello de Rois convidamos a toda a veciñanza a participar deste encontro, que pon en valor a tradición, o patrimonio local e a convivencia comunitaria.