O Concello de Rois abre ata o mércores 21 de xuño ás 14.00 horas o prazo de solicitude para facer cacharelas de San Xoán. Para iso, as persoas interesadas deberán presentar na casa consistorial o formulario de solicitude debidamente cuberto.
O Concello recorda nun bando que a cacharela deberá permanecer sempre viaxiada, só se poderá facer nunha zona urbana cando se coloque sobre unha chapa metálica ou unha capa de area de alomenos dez centímentros, terá que ter cerca unha mangueira de auga ou outro medio de extinción e o espazo deberá quedar limpo nun prazo máximo de doce horas unha vez rematada.
O bando coas normas e o formulario de solicitude están dispoñibles no documento adxunto.