O 6 de abril e o 15 de maio serán festivos locais no Concello de Rois o vindeiro ano 2026. O alcalde, Ramón Tojo, deu conta no pleno ordinario deste venres da resolución da alcaldía que mantén o luns de Pascua e o día do Santo Isidro como festivos locais no municipio.

Na sesión ordinaria, e a preguntas do grupo socialistas, Ramón Tojo informou que a empresa contratada ten moi avanzado e segue traballando na elaboración do Plan de emerxencias ante o risco de inundacións. Respecto da licitación do Servizo de Axuda no Fogar, o alcalde informou que se segue a traballar na elaboración dos pregos para licitar este servizo. 

Screenshot