20190208 Cartel entroidoO Concello de Rois destinará esta ano máis de 1.200 euros en premios no concurso de Entroido que se celebrará o sábado 2 de marzo a partir das cinco da tarde e que inclúe as categorías de infantil, parella e comparsa ou grupo. A veciñanza poderá gozar co desfile entroideiro, no que todos os participantes percorrerán a distancia entre o concello e o polideportivo.

Os interesados en participar, deberán inscribirse no concello de Rois entre o vindeiro luns, día 11, e o 27 de febreiro. Na categoría infantil hai dúas modalidades, para nenas e nenos menores de 11 anos e outra para maiores de12. No caso dos grupos e comparsas tamén haberá dúas modalidades: menos o máis de 15 membros.

Os grupos e comparsas deberán estar diante do concello ás 17.00 horas o día concurso (2 de marzo) para recoller o dorsal e desfilar ata o polideportivo de Rois. O resto das categorías tamén poderán participar no desfile, aínda que non é obrigatorio. A actuación no polideportivo e Rois non poderá exceder de 10 minutos de duración, o contrario poder supor unha penalización por parte do xurado. O Dúo Ciclón será o encargado da animación musical.

En canto aos premios, na categoría infantil de menores de 11 anos repartiranse entre 30 e 20 euros para os cinco primeiros clasificados; na de maiores de 12 anos, os premios será entre 40 e 30 para os tres primeiros. No caso das parellas, as tres primeiras recibirán entre 60 e 30 euros. Os premios para os tres primeiros na categoría de grupos menores de 15 membros oscilarán entre 300 e 100 euros; e entre 400 e 150 para os de máis de 15 membros.

As follas de inscrición para todas as categorías e o compromiso responsable que deberán asinar todos os participantes pódense descargar a continuación, para entregalas nas oficinas municipais antes do 27 de febreiro.