A primeira hora desta noite chegada a Rois o grupo de 53 mulleres que esta fin de semana estiveron visitando Aveiro e O Porto dentro da programación do mes de novembro que o Concello de Rois dedicada de xeito especial as mulleres. Mañá, luns, colocarán unha pancarta na casa consistorial para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista, coincidindo co 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Durante a súa estancia en Portugal, tamén aproveitaron para facer dous actos de repulsa da violencia contra as mulleres amosando o lema que promove a Xunta de Galicia: “Non a violencia de xénero”.
O grupo saíu o sábado de Rois e fixo a primeira parada en Aveiro, para dar un paseo polos canais. Xa en O Porto visitaron a Torre dos Clérigos, a catedral, a libraría Lelo e as principais prazas da cidade lusa. Hoxe aproveitaron a xornada para dar un pseo en barco e coñecer a zona da ribeira.
Durante a viaxe de regreso a Rois tiveron tempo tamén de facer unha paradiña para coñece algo de Guimaraes e de Ponte de Lima
O venres 29, taller de defensa persoal
E continuando coa programación de novembro, organizadas para conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o venres día 29 haberá un taller de defensa personal para mulleres, impartido pola Escola Judo Club.
Entre as seis e as sete da tarde na escola unitaria dos Dices, as mulleres maiores de 18 anos que se acheguen a este taller poderán recibir formación sobre coñecemento e control do corpo e do espazo, prevención e solucións en situacións hostís e técnicas útiles para a defensa persoal.
As interesadas poden inscribirse no Multiúsos de Rois (981 816 061) ou no departamento de Servizos Sociais (981 804 109, extensión 2)
Pódese ver o album de fotos das viaxe no Facebook do Concello de Rois (neste enlace).