O Día da Piragua Rois 2018 celebrarase o luns 13 de agosto en Pontecesures. Entre as 10:00 e as 12:30, os nenos e nenas do concello de Rois que teñan entre 11 e 14 anos poderán gozar dunha xornada deportiva practicando piragüismo. 

Para anotarse é imprescindible saber nadar. As inscricións poden realizarse ata o xoves 9 de agosto no edificio multiusos de Rois (981816061) ou na casa do concello (981804109). 

Ademais, haberá transporte desde Urdilde, con saída no polideportivo ás 10:00h; e desde Rois, saíndo da casa consistorial ás 10:20h.

A actividade está organizada polo Concello de Rois en colaboración co Club Náutico de Pontecesures.