A postal realizada polo alumnado da Galiña Azul de Rois é o elixido para felicitar o Nadal a toda a veciña do municipio neste 2023. O xurado composto por Inmaculada Seage Freire, técnica de Normalización Lingüística de Rois, como representante do persoal municipal; Francisco Martín Núñez, profesor do CPI Os Dices, representante do profesorado; e Vanessa Chico, presidenta da ANPA Urcael Urdilde, en representación das Anpas existentes no municipio, destacou o traballo destes cativos na elaboración dun debuxo que vai continuar coa tradición implantada no Concello de Rois dende o ano 2018.
Este certame, destinado a fomentar a creatividade dos escolares, contou de novo nesta edición cunha ampla participación dos nenos e nenas dos diferentes centros educativos do concello.
De entre todas as postais que se presentaron ao concurso, destacaron a referida do alumnado da Galiña Azul, gañadores ademais na categoría de 1º a 3º de Educación Infantil; a de Manuel Eiras Ares de 6º de educación infantil CPI Os Dices; a de Brais Ínsua Carregal, gañador na categoría de 1º e 2º de educación primaria e alumno do CPI Os Dices; de Lucía Calvo Ruíz, de 4º de primaria no CEIP O Pumar; a de Ian Seco Ares, de 6º de primaria no CEIP O Pumar; e a de Sara Godoy Fernández, que estuda 1º de primaria no CEIP o Pumar.
Ademais, os membros do xurado resolveron conceder un accésit pola súa calidade á postal do alumnado de 6º de educación primaria do CEIP O Pumar.