O Concello de Rois continúa coa tradición e organiza unha ruta polas rúas e estradas do municipio o 14 de setembro con motivo do Día da Bicicleta. Esta XVI edición do evento contará cun percorrido de dificultade baixa (20 km) que partirá dende a Casa do Concello, terá na Angueira de Castro o punto de avituallamento e rematará no mesmo punto de saída. Ao finalizar a ruta, sortearase unha cea e material ciclista entre todos os participantes. Os ciclistas máis novos e veteráns e o participante máis cativo en portabebés/remolque terán trofeos especiais. Os concertos musicais de Uxía Lambona e a Banda Molona pecharán a xornada a partir das 20.00 horas.
O Concello de Rois celebrará o vindeiro sábado 14 de setembro a súa xa tradicional ruta do Día da Bicicleta. A partir das 15.30 horas comezarán as celebracións da XVI edición deste evento, que inclúen unha ruta en bicicleta, sorteos, entregas de trofeos e actuacións musicais. Deste xeito, os interesados en formar parte da ruta poderán inscribirse o mesmo día na Casa do Concello a partir da hora fixada anteriormente. O percorrido comezará ás 16.30 horas e terá como punto de saída e meta as imediacións da Casa Consistorial, tendo na Angueria de Castro o punto de avituallamento.
Unha vez rematada a ruta, procederase a sortear unha cea para dúas persoas no restaurante Pedra Santa de Santiago de Compostela xunto cunha bicicleta de montaña. Pero os premios non rematan aquí xa que tamén haberá agasallos especiais para o ciclista máis novo, para o máis veterán e para o participante máis novo en portabebé/remolque.
A xornada rematará por todo o alto a partir das 20.00 horas coa actuación musical infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona, tamén nas inmediacións do Concello, aínda que se o tempo non o permite, o concerto trasladarase ao auditorio municipal de Rois.
Percorrido: Casa do Concello-Antequeira-A Pontenova-A Meana-Seaxe-Tourís- Francelos-O Sisto-A Gandariña-Angueira de Castro (avituallamento)-O Sisto-Francelos-Tourís-Seaxe-A Meana-Lamego-Praia fluvial-Seira-Oín-Antequeira-Casa do Concello.