20190215 Cartel Artistico LiterarioO Concello de Rois organiza un certame literario para toda a veciñanza que queira participar. Os participantes terán que presentar un único texto en galego, orixinal e inédito, para o que se estipula un máximo de 10 folios (narrativa) e de 10 a 60 versos para a poesía. O prazo de presentación dos traballos remata o luns 22 de abril. A temática dos traballos será libre pero é obrigatorio incorporar algún elemento característico do concello de Rois.

Ao non haber límite de idade, crearanse as seguintes categorías: ata 6 anos, 7-8 anos, 9-11 anos, 12-14 anos, 15-17 anos e maiores de 18 anos. Os participantes na categoría de ata 6 anos, así como aquelas persoas que non manexen a lectoescritura, poderán substituír os textos por debuxos que se realizarán en grupo ou individualmente, empregando a técnica que consideren máis axeitada para o seu traballo. Presentaranse nunha folla DIN A3. 

Os premios serán diferentes para cada categoría. Os gañadores de 15 a 17 anos levarán 60 euros (os primeiros) e 30 euros (os segundos). Os vencedores maiores de 18 anos, levarán de 100 euros (os primeiros) e 50 euros (os segundos). No resto das categorías, os premios consistirán nun lote de libros.

As bases do concurso atópanse a continuación: