O Concello de Rois, como cada ano, convoca un concurso de tarxetas de Nadal dirixido aos escolares do municipio co obxectivo de promover a creatividade artística entre a cativada. Este certame está aberto a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos de Rois, e a tarxeta gañadora será a encargada de representar a felicitación institucional que se enviará á veciñanza.

Os traballos deberán entregarse antes do xoves 5 de decembro (incluído). Os participantes poderán utilizar calquera técnica artística e presentar os seus traballos de forma individual ou en grupo. As propostas deben ser orixinais e inéditas, ter un tamaño din A5 (15×21 cm) e, no caso de contar cun texto, este debe estar redactado en galego.

O certame conta con seis categorías de premios, dependendo da idade e nivel educativo dos participantes:

  • Alumnado de 1º a 3º de educación infantil
  • Alumnado de 4º a 6º de educación infantil
  • Alumnado de 1º e 2º de primaria
  • Alumnado de 3º e 4º de primaria
  • Alumnado de 5º e 6º de primaria
  • Alumnado en colaboración con persoas adultas (unha categoría na que os adultos só poderán axudar aos menores)

Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participación. Os traballos, acompañados dos datos persoais e un teléfono de contacto, deben entregarse nos centros educativos. Para facilitar o proceso, ofrécese unha plantilla de traballo, que xa inclúe o formulario necesario para cubrir polos participantes.

Tanto a plantilla como as bases do concurso poden descargarse a través dos arquivos adxuntos.