O Concello de Rois quere expresar o seu agradecemento a toda a veciñanza que participa activamente no proxecto de compostaxe doméstica, una iniciativa que promove prácticas sostibles na comunidade
Grazas á colaboración dos fogares que se uniron a este programa, conseguíronse importantes avances na loita contra o cambio climático e na procura dun futuro máis sostible
O Concello de Rois recorda que o proxecto segue en marcha e anima á veciñanza a participar nestas iniciativas que son clave para reducir a pegada de carbono, promover a reutilización dos recursos naturais e fortalecer a resiliencia do entorno.
As persoas que queiran sumarse ao proxecto poden facelo a través deste formulario en liña ou a través do correo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org
Para obter máis información, tamén poden contactar a través do número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp).
O proxecto lévase a cabo grazas ao apoio financeiro e ao respaldo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Dende o Concello tamén se recoñece o traballo realizado polo Camiño Sostible, a asociación sen ánimo de lucro que colaborou para promover prácticas sostibles e difundir coñecementos sobre compostaxe.