José Veiga Gandarela, veciño de Cabanela, en Urdilde (Rois), recibiu onte unha agasallo especial para celebrar o seu 101 aniversario. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o tenente de alcalde, Manuel dos Santos, achegáronse a súa casa para regalarlle unha medalla conmemorativa do Concello.
José Veiga vive co seu fillo e señora en Cabanela e goza dun bo estado de saúde. Onte estivo conversando durante bastantes minutos co alcalde sobre diferentes temas. Ao rematar a visita, tanto Ramón Tojo como Manuel dos Santos desexáronlle que siga cumprindo moitos anos máis para seguir conversando con el.