En cumprimeto do disposto na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral e convocatoria das eleccións ao Parlamento Europeo e as eleccións Municipais que van ter lugar o vindeiro 26 de maio de 2019, ponse en coñecemento da veciñanza que o Censo Electoral estará exposto ao público entre os dás 8 e 15 de abril de 2019, ambos os dous incluídos. 

Poderán presentarse reclamacións nas oficinas municipais de 9 a 14 horas, dentro do prazo indicado. Ademais de poder levar a cabo as consultas oportunas no mesmo horario.

Para realizar estas xestións debe acudir a persoa interesada con DNI, Pasaporte ou persmiso de conducir no que apareza a fotografía do titular. 

Os teléfonos dispoñibles para á consulta do Censo Electoral son os seguintes: 981 217 439, 981 217 426, 901 101 900.