A Unión de Consumidores de Galicia desenvolverá en Rois unha sesión informativa sobre os gastos hipotecarios. Aquelas persoas que compraran unha casa e teñan unha hipoteca poderán asistir o venres 1 de marzo ás 19.30 horas a esta sesión, na que se lles ofrecerán todas as claves para reclamar os gastos hipotecarios.
A sesión, de entrada libre, desenvolverase no Auditorio municipal.