O Multiúsos de Rois acollerá o xoves 15 de febreiro ás 11 da mañá unha nova sesión formativa do programa A Administración cerca de ti, que ten como obxectivo aprenderlle a toda a veciñanza a facer trámites por internet.
Nesta sesión de formación gratuíta, todas as persoas que o desexen poderán aprender a facer os trámites máis habituais e resolver as dúbidas que teñan. Ademais, terán a oportunidade de obter o certificado electrónico e a Cl@ve permanente para realizar as súas xestións.
As persoas interesadas en participar, deberán chamar ao teléfono 981 816 061 ou mandar un correo electrónico a inscricions@rois.gal antes do 14 de febreiro.