O alcalde de Rois felicita a centenaria Serafina Barbazán, acompañada polos seus fillos

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou o domicilio de Serafina Barbazán Neo en Moares, Ermedelo, para celebrar coa veciña os seus 102 anos, feitos o pasado 30 de decembro.

Durante a súa visita, Tojo entregoulle un retrato que foi eloxiado pola propia Serafina, ao verse moi favorecida, ademais dun ramo de flores e dunha carta de felicitación que a homenaxeada leu perfectamente sen precisar lentes.

Nun encontro moi ameno no que tamén estivo presente a familia de Serafina, a centenaria conversou co rexedor e confirmou que se atopa ben de saúde.

Serafina Barbazán Neo, nacida en Vilar, Viceso (Brión) o 30 de decembro de 1921, fixo de Moares o seu fogar despois de casar con Vicente Boullón Rey, quen faleceu nos anos oitenta. O encontro foi moi ameno, contando tamén coa presenza das fillas de Serafina, María e Celia, e o seu xenro Manuel.