O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, recomenda á veciñanza quedar na casa e colaborar coas autoridades nun vídeo publicado na web municipal. O rexedor repasa na gravación algúns dos traballos especiais que se están a levar a cabo desde o consistorio, tales como desinfección e limpeza de centros médicos e atención ás persoas máis necesitadas do municipio.

«Quedade na casa. Todos xuntos venceremos ao coronavirus», proclama Tojo, que chama á cidadanía a extremar as precaucións para frear o avance da pandemia. O Concello de Rois, recorda, está «para axudar a toda a veciñanza». Así, por exemplo, mantense o servizo de axuda no fogar para distribución de alimentos ás persoas que o precisan. «Loitamos polas familias», afirma, «na medida do posible ou máis alá aínda. En calquera cousa que necesitedes non dubidedes en chamar ao Concello ao 981 80 41 09».