Gonzalo Trenor visitando o obradoiro Xuventude en Acción 2020

O concello de Rois, xunto cos de Dodro e Padrón, volve promover o obradoiro Xuventude en Acción co obxecto de facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozas e mozos desempregados de entre 18 e 30 anos. Este obradoiro formará 15 persoas durante un ano na confección de páxinas web.

O programa está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público. Ademais, deberán ter o graduado de ESO ou un certificado de competencias clave nivel 2 e estar censados en Rois, Padrón ou Dodro.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 8 xullo de 2021 para inscribirse cos códigos 340, 320 e 370 no Servizo de Emprego Público. Seleccionaranse quince mozas e mozos que se desenvolverán durante o periodo formativo como alumnos e traballadores ao mesmo tempo.

Este obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2021 está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. O orzamento é de 340.000 euros.