Traballo gañador do primeiro premio da categoría A do Concurso de carteis do Día da Muller en Rois

Xa hai carteis gañadores do certame escolar convocado co gallo do Día da Muller. O xurado, reunido o venres pasado, concedeu máis dunha ducia de premios entre o alumnado da Galiña Azul, do CIP Os Dices e do CEIP O Pumar. O alto nivel dos traballos presentados dificultou a deliberación e mesmo se repartirán dous segundos premios na categoría de sexto de educación infantil por causa dun empate.

Nenas e nenos fixáronse sobre todo na liberdade de decisión e na capacidade das mulleres para perseguir os seus soños á hora de confeccionar os seus carteis para un certame que ten como obxectivo concienciar os escolares sobre os dereitos da muller e a necesidade da súa plena integración na sociedade.

A listaxe completa de alumnado premiado é a seguinte:

Categoría A (1º a 3º de educación infantil)

  1. Iago Insua Carregal, de 2º de EI na Galiña Azul, con ‘Es libre, así que voa’
  2. Escola infantil A Galiña Azul, con “As superheroínas de Rois’

Categoría B (4º de educación infantil)

  1. Breixo Dopazo Otero, do CPI Os Dices, con ‘Sororidade. Todos somos unha’

Categoría C (5º de educación infantil)

  1. Lucas Rego Rodríguez, do CPI Os Dices, con ‘Empatía. Ponte no lugar das mulleres para comprendelas’.

Categoría D (6º de educación infantil)

  1. Alumnado de infantil do CEIP O Pumar
  2. Marco Maquieira Lens, do CPI Os Dices, con ‘A muller do rural. A muller tamén pode facer os labores na granxa’ // Brais Insua Carregal, do CPI Os Dices, con ‘A igualdade é a arma da liberdade’.

Categoría E (1º e 2º de educación primaria)

  1. Uxía Dopazo Otero, de 1º de primaria do CPI Os Dices, con ‘Eu son: meritoria, única, loitadora, libre, empoderada, respectable»
  2. Xosé Meda, Pousada, de 1º de primaria do CPI Os Dices, con ‘Muller campioa’.

Categoría F (3º e 4º de educación primaria)

  1. Alumnado de 4º de primaria do CEIP O Pumar, con ‘Con outras miradas é posible o cambio’.
  2. Marina Vidal Bustelo, de 3º de primaria do CPI Os Dices, con ‘As mulleres poden voar. Voando ata a liberdade’.

Categoría G (5º e 6º de educación primaria)

  1. Lidia Núñez Forján, de 5º de primaria do CEIP O Pumar, con ‘Eu son libre’.
  2. Alumnado de 6º de primaria do CEIP O PUmar, con ‘Eu tecín soa a miña tea’.

Categoría H (1º e 2º de educación secundaria)

  1. Uxía Fabeiro Vázquez, de 1º A de ESO do CPI Os Dices, con ‘AS mulleres poden voar. Mantén os teus ollos nas estrelas e os pés no chan’.
  2. Ileanda Alda Piñeiro Degán, de 1º B de ESO do CPI Os Dices, con ‘Coida o diamante que hai en ti’.

Os premios repartiranse no transcurso do acto que, co gallo da conmemoración do Día da Muller, se celebrará no Auditorio de Rois o mércores 8 de marzo.

Consulta aquí a galería completa de traballos premiados.