20190214 Cartel Inspección Técnica MaquinariaA Unidade Móvil 3 de inspección técnica de maquinaria agrícola vaise desprazar ao Concello de Rois os vindeiros 12 e 13 de marzo. As comprobacións realizaranse na explanada da pista de Vilachán, en Augasantas, o día 12, e na explanada da saída da vía rápida cara a Negreira, en Urdilde, o día 13. Os horarios serán de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas ámbolos días. Para presentar a maquinaria na inspección, é necesario solicitar cita previa a través da páxina web www.sycitv.com, ou no número de teléfono 902 309 000.