Ábrese o presente rexistro para regularizar a situación das asociacións do Concello, que previamente adaptaron os seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións.

As inscricións no REXISTRO XERAL DE ASOCIACIÓNS e no REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS son requisitos imprescindibles para que as asociacións poidan tramitar e recibir subvencións ou asinar convenios tanto co concello como coas demais administracións (autonómica, provincial ou estatal).

Para que unha asociación poida inscribirse no Rexistro Xeral de Asociacións é preciso realizar os trámites que se detallan na páxina web da Xunta de Galicia. A información completa, modelos de estatutos e todo tipo de impresos obtéñense na mencionada páxina.

Unha vez inscritos neste rexistro debe solicitarse a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións deste concello, presentando a seguinte documentación:

  • Estatutos da Asociación.
  • Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións.
  • Nome das persoas que ocupan os cargos directivos.
  • Domicilio social.
  • Presuposto do ano en curso.
  • Programa de actividades do ano en curso.
  • Certificación do número de socios, asinada polo Secretario/a da entidade.
  • Fotocopia da tarxeta do C.I.F.

Nos primeiros meses de cada ano abrirase un prazo para que as distintas entidades coa súa documentación en regra e inscritas nos correspondentes rexistros, soliciten subvencións para financiar os seus programas de actividades.

Para solicitar axudas económicas é preciso presentar unha solicitude xuntando o programa de actividades, o presuposto de gastos e ingresos e a memoria de actividades do ano anterior.