Os grupos locais Obradoiro de Cultura Tradicional OCT Chorima, con músicos de 4 anos; as Pandeireteiras de Ermedelo, algunha de 80 anos, e as Repeniqueiras de Urdilde, que contan con dúas xeracións da mesma familia, amosaron a sua calidade e repertorio ante un público entregado. O grupo Faltriqueira e a Orquestra Os Modernos puxeron o broche de ouro a un festival que contou cunha excelente mexillonada e tamén con premio a mellor parella de baile, a formada por Carmen e Pepe. Máis información: http://bit.ly/2xAHjeI