A unidade móbil da Axencia de Doación de Organos e Sangue (ADOS) estará este venres, día 8 de febreiro, en Rois para facilitar que todos os veciños e veciñas que desexen doar sangue poidan facelo. O autobús co equipo médico estará diante do Concello de Rois de 16.00 a 21.00 horas.
Para poder doar hai que ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 kg e ter bontade de colaborar. Todos aqueles que queira doar deberán levar o seu DNI, xantar dúas horas antes de ir e informaro ao médico se está a tomar algún medicamento.