A praza de San Marco, a máis emblemática de Venecia, o Gran Teatro La Fenice, o Museo da Música e a Galería da Academia foron hoxe os puntos que visitou a expedición de Rois durante o seu segundo día de intercambio na localidade italiana. Unha intensa xornada na que tamén houbo tempo para que a xuventude de Rois e os alumnos do Liceo da Música de Venecia tivesen uns minutos para compartir piano e interpretar diferentes pezas xusto despois do xantar. Un anticipo do que será a xornada do martes, na que comezarán os ensaios conxuntos, pola tarde, para os concertos que galegos e italianos van ofrecer o mércores e o venres. Más información neste enlace: https://bit.ly/2xkNCV8