A interpretación de `Aquí alí’ e ‘Cazadores’, polo alumnado de Linguaxe Musical, levantou os primeiros aplausos da tarde. ‘Queen mix’, ‘Havana’, ‘O sole mio’ ou ‘Quen puidera namorala’ foron algunhas das actuacións que incluíu o concerto. O recente intercambio de alumnado da Escola Municipal de Música de Rois e membros de Chorima en Venecia, coa Escola Comprensiva Franca Ongaro e o Liceo Musical de Venecia tamén tivo o seu momento de protagonismo. O alcalde, Ramón Tojo, destacou a aposta do Concello de Rois por fomentar entre os máis novos o interese por coñecer outros países e culturas e asegurou que o Concello seguirá apostando por estes intercambios. O alcalde regalou a cada un dos participantes no intercambio un CD con fotografías e un vídeo resumo de todo o que viviron en Venecia entre o 27 de maio e o 1 de xuño.