Saída do Trail Longo, de 20 km

Damián González Castro, do Club Triatlon Rianxo, e Beatriz Barroso Pérez, do C.A. Noia, impuxéronse esta mañá na proba de 20 quilómetros do III Trail Montes de Rois. A proba que abriu o calendario 2026 do Ranking Galego de Trail Running na serie prata, da Federación Galega de Atletismo, contou cunha numerosa participación. Das 400 persoas inscritas no trail longo e curto, 320 tomaron a saída no polideportivo de Rois.

Na categoría masculina, por detrás de Damián González (1:36:36) cruzaron a liña de meta Sergio García (1:36:46) e Samuel Saborido (1:37:29). Na categoría feminina, a máis rápida foi Beatriz Barroso (2:00:23), que cruzaba a liña de meta un minuto antes que Lucía Peón Santomé (2:01:23), e dous antes que Rita Fernández (2:02:56).

No trail curto, de 13 quilómetros de percorrido os vencedores absolutos, na categoría masculina, foron Alberto González (1:00:01), seguido de Diego Ferreira Vázquez (1:01:05) e Adrián Garabato Lagares (1:01:33). Na categoría feminina Alba Rey Penelas, do CD Biosbardo, impúxose con claridade (1:11:25) a Apolonia Bermúdez Canosa (1:13:37). A terceira praza para a moza Judit Barros Campos, do Atletismo +9 Moraña, e que aos seus 13 anos rematou o percorrido en menos dunha hora e cuarto (1:14:18).

Os mellores atletas locais foron Marcos Mayo Agrafojo, no trail longo; e Ángel Teira Lois, no curto.

Neste terceira edición tomaron a saída 320 atletas nas dúas probas competitivas, das 400 que se inscribiron previamente. Ao chegar ao polideportivo de Rois, a maioría destacaron o fermoso do percorrido, que transcorreu na súa maior parte pola ruta das Penicias. Na andaina non competitiva participaron unhas 300 persoas

O concelleiro de Deportes, José Luis Ares, e o portavoz do goberno municipal de Rois, Antonio Esparís, entregaron os premios aos gañadores.

A organización contou coa colaboración de Protección Civil de Rois, Padrón e Catoira e dun grupo de voluntarios en quads e motos que facilitaron que a carreira transcorrese con normalidade e velaron pola seguridade dos atletas. 

O Concello agradece a implicación das persoas voluntarias que axudaron na organización e a dos propietarios das fincas que facilitaron o deseño do percorrido, así como a das entidades colaboradoras que apoiaron o III Trail e Andaina Montes de Rois.

Podes ver as fotos da saída, chegada á meta e podios na páxina de Facebook do Concello de Rois (neste enlace)

Gañadores da categoria absoluta do Trail longo

Clasificacións

O resto de clasificacións desta terceria edición do Trail Montes de Rois quedaron do seguinte xeito:

Trail longo. 

Sénior: Veronica Calvo, Cristina López, Andrea Gómez; Borja V arela, Chema Quintián e David Seage.

Veterán A: maría Ferreiro, Banesa Atán, Silvia Portgeiro; Marcos Pascual, Dario Arias e Fernando Lorenzo.

Veterán B: María Aurora González,  Elena Torea, Susana Fernández; Manuel Gómez, Juan Carlos Rodríguez e José Rafael Méndez.

Equipos: Serres Runners, Brion-Arenteiro e CDM Xesteiras.

Trail curto:

Sénior: Ainoa Galán, Alma Pereira, Monse Solis; Mateo Vidal, Ángel Teira e Nacho Nogueira.

Veterán A: Lucía Iglesias, Ana Isabel Martelo, Paula Paz; Esteban García, Rubén Romero e David Rodríguez.

Veterán B: Margarita Castiñeira, Carmen García, Catalina Outeiral; José Manuel Pena, Alberto Martínez e Alejandro Lamas.

Equipos: Club Triatlon Compostela, CD Brión Hyupersa Norte e Comesaña Sporting Club.

Todas as clasificacións neste enlace