Recibiron 150 horas de formación na produción de manufacturas do coiro mediante procedementos industriais e artesanais. Dende os concellos de Dodro, Padrón e Rois séguese a traballar cos oitenta e cinco participantes do Programa Integrado de Emprego, para recualificar profesionalmente, incrementar a mellora da súa ocupabilidade laboral e incrementar as súas habilidades profesionais.