Realizaron 30 horas formativas no curso de Manexo de Carreta Elevadora, onde se efectuaron prácticas de condución en baleiro e con carga, prácticas con diferentes velocidades de desprazamento, tipos de dirección, radio de xiro, freados, e tamén se realizou un circuíto con obstáculos para practicar as diferentes manobras. Os participantes da acción tiveron a oportunidade de realizar a práctica con carretas eléctricas e a gasóleo.