4 de agosto de 2025

Faise pública a resolución final da Alcaldía co resultado das probas físicas da candidata e a proposta de contratación da (1) xefa da brigada de prevención e defensa dos incendios forestais, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.

Esta contratación faise ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais.

A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.

29 de xullo de 2025

Publícase a resolución da Alcaldía coa listaxe de persoas admitidas no proceso de selección dun/ha (1) xefe/a da brigada de prevención e defensa dos incendios forestais. A persoa candidata queda convocada á realización do recoñecemento médico e das probas físicas o luns 4 de agosto ás 9.00 horas en Mas Prenvención (rúa Galeras, Santiago).

A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.

23 de xullo de 2025

O Concello de Rois convoca o proceso de selección para a contratación en réxime de persoal laboral dun/ha (1) xefe/a da brigada de prevención e defensa dos incendios forestais baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.

Esta contratación faise ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación desta convocatoria o mércores 23 de xullo.

Nos documentos adxuntos pódense descargar o decreto da convocatoria, as bases polas que se rexerá e o modelo de instancia.