26-5-2026

Públícase a puntuación total obtida polas persoas aspirantes, o nomeamento e a constitución da listaxe de agarda no proceso de selección de tres peóns/peoas de albanel, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2026 da Deputación da Coruña.

A resolución pode consultarse nos documentos adxuntos.

11-5-2026

O Concello de Rois fai pública a convocatoria para a contratación, en réxime laboral temporal, de tres (3) peóns/peoas de albanel para a realización de obras e servizos municipais ao abeiro do programa PEL-Concellos 2026 da Deputación da Coruña.

O proceso realizarase mediante o sistema de selección de concurso-oposición entre as persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

As persoas aspirantes deberán presentar a documentación requirida antes do día 19 de maio ás 14.00 horas.

As entrevistas persoais realizaranse o propio 19 de maio en horario de tarde nas dependencias municipais do Concello de Rois.

As bases completas da convocatoria, así como a relación de persoas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e toda a información relativa ao proceso selectivo poden descargarse nos documentos adxuntos.