17-8-2026

Faise pública a resolución final para a contratación dun condutor de motobomba, unha vez realizada a valoración de méritos e entrevista persoal das persoas candidatas e o recoñecemento médico e probas físicas.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

10-8-2026

Faise pública a puntuación dos méritos e entrevista das persoas presentadas ao proceso de contratación de dous/dúas condutores/as de motobomba.

Así mesmo, convócase ás persoas aspirantes admitidas para o recoñecemento médico e probas físicas o día 17 de agosto ás 10.50 horas nas instalacións de Mas Prevención situadas no polígono Costa Vella, en Santiago de Compostela.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

7-8-2026

Publícase a resolución definitiva de aspirantes admitidos/as na primeira convocatoria de dous condutores/as de motobomba.

Así mesmo, queda fixada a entrevista para o 10 de agosto de 2026 no salón de sesións do Concello, ás 8.00 horas.

No decreto, que pode consultarse nos arquivos adxuntos, dáse conta tamén da composición do tribunal cualificador deste proceso selectivo.

5-8-2026

Faise pública a resolución de aspirantes admitidos/as provisionalmente na primeira convocatoria de dous condutores de motobomba. Dáse un prazo de dous días hábiles para que a persoa excluída provisionalmente poida subsanar a documentación. A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

3-7-2026

O Concello de Rois fai pública a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral, de dous condutores/as de motobomba, baixo a modalidade de contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos (Administracións Públicas. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e Fondos Unión Europea).

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude poden descargarse nos arquivos adxuntos.