4-6-2026
Publícase a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección laboral temporal de director/a e monitorado de ocio e tempo libre para o programa Diververán 2026.
Así mesmo, fíxase a composición do tribunal cualificador e convócase as persoas aspirantes para a entrevista o luns 8 de xuño no salón de sesións do Concello de Rois, segundo o horario que pode consultarse na resolución (documento adxunto).
1-6-2026
Faise pública a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria pública para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha director/a e de monitores/as de ocio e tempo libre para o desenvolvemento do programa Diververán 2026, que se realizará durante os meses de xuño a setembro.
Outorgase un prazo de dous días hábiles dende a publicación da Resolución para a emendar da documentación necesaria para participar no proceso.
A resolución da alcaldía pode consultarse no documento axunto.
21-5-2026
O Concello de Rois fai pública a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha director/a e de monitores/as de ocio e tempo libre para o desenvolvemento do programa Diververán 2026, que se realizará durante os meses de xuño a setembro.
No caso do monitorado, o número de prazas é de 5 na quenda que vai do 20 ao 26 de xuño; 17 prazas do 27 de xuño ao 31 de xullo; 4 prazas en agosto; e, por último, 1 praza do 1 ao 8 de setembro. Segundo as quendas, a convocatoria establece dous tipos de contratación temporal: co servizo de Amencer (7,25 h/día) e sen este servizo (5,25 h/día).
As solicitudes para formar parte neste proceso selectivo deberán presentarse nun prazo de sete días naturais.
As bases completas da convocatoria, así como os anexos e toda a información relativa ao proceso selectivo poden descargarse nos documentos adxuntos.
















