4 de agosto de 2025

Faise pública a resolución final da Alcaldía co resultado das probas físicas dos candidatos e a proposta de contratación de 1 peón condutor e 3 peóns para formar parte da brigada municipal de prevención e defensa dos incendios forestais, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.

Estas contratacións fanse ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais.

A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.

29 de xullo de 2025

Publícase a resolución da Alcaldía coas puntuacións dos méritos e das entrevistas das persoas candidatas aos postos de  1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas na brigada forestal contraincendios. Os candidatos quedan convocados á realización do recoñecemento médico e das probas físicas o luns 4 de agosto ás 9.00 horas en Más Prevención (rúa Galeras, Santiago).

A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.

22 de xullo de 2025

Faise pública a listaxe de persoas admitidas no proceso de selección en réxime de persoal laboral de  1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas para formar parte dunha brigada forestal contraincendios, así como a composición do tribunal cualificador.

As persoas admitidas no proceso quedan citadas para a realización da entrevista o vindeiro xoves, 24 de xullo, no Salón de Sesións do Concello de Rois nos horarios que se determinan na resolución da alcaldía.

A resolución pode consultarse nos arquivos que se achegan.

12 de xullo de 2025

O Concello de Rois convoca o proceso de selección para a contratación en réxime de persoal laboral dunha brigada de prevención e defensa dos incendios forestais composta por 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.

Estas contratacións fanse ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa conra incendios forestais.

O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación desta convocatoria o sábado 12 de xullo.

Nos documentos adxuntos pódense descargar o decreto da convocatoria e as bases polas que se rexirá.