23 de agosto de 2022

Resolución da Alcaldía pola que se procede ao nomeamento de Ana Mosconi Cadillo para o posto de técnica de Igualdade do Concello de Rois. Logo de celebrar os exercicios, entrevista persoal e valoración de méritos, o tribunal cualificador elaborou unha listaxe de aspirantes por orde de puntuación que pode consultarse no arquivo para descarga anexo a esta nova ou premendo neste enlace.

18 de agosto de 2022

Faise pública a convocatoria ás persoas aspirantes que se presentaron e superaron a fase de oposición no proceso de contratación dun/ha técnico/a de Igualdade para a entrevista que terá lugar no salón de sesións do Concello de Rois o 19 de agosto de 2022.

A resolución coa convocatoria da entrevista, así como os horarios, poden consultarse no arquivo para descarga ou premendo neste enlace.

17 de agosto de 2022

Faise pública a acta de valoración do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso de contratación dun/ha técnico/a de Igualdade.

A acta pode consultarse no arquivo para descarga ou premendo neste enlace.

12 de agosto de 2022

Faise pública a resolución da Alcaldía coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de contratación dun/ha técnico/a de Igualdade, así como a composición do tribunal cualificador e as datas dos exercicios.

O primeiro dos exercicios, un cuestionario tipo test, queda fixado para o mércores 17 de agosto ás 16.30 horas e o segundo, co deseño dun proxecto, ás 18.15 horas. Ámbalas dúas probas desenvolveranse no salón de sesións do Concello de Rois.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.

3 de agosto de 2022

Tras o remate do prazo de presentación de candidaturas para o proceso de contratación, faise pública a lista provisional de aspirantes admitidos e admitidas, adxunta no documento descargable.

14 de xullo de 2022

Corríxese un erro na data límite de convocatoria para a contratación dun técnico/a de igualdade que marcaba o prazo como cinco días hábiles desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O novo prazo será de dez días naturais a contar desde o día 15 de xullo. Podes consultar a publicación no Boletín Oficial da Provincia no arquivo adxunto.

12 de xullo de 2022

Ábrese a convocatoria pública para a contratación, por medio de concurso oposición, dun técnico/a de igualdade para o concello de Rois. Os requisitos a cumprir polos/as aspirantes veñen adxuntos nas bases da convocatoria.

A presentación de solicitudes poderá realizarse presentando o Anexo I (atópase nas propias bases) no rexistro xeral do Concello entre as 8.30 e 14.00 horas nun prazo de dez días desde esta publicación, sendo a data límite o venres 22 de xullo. Os interesados/as deberán presentar DNI, fotocopia da titulación, declaración xurada de aceptación das bases, relación de méritos (cos seus respectivos xustificantes) e certificación de discapacidade, se compete.

Tanto as bases como o modelo de instancia e a publicación no Boletín Oficial da Provincia poden ser consultados nos documentos adxuntos.