10 de xullo de 2025
Faise pública a resolución da Alcaldía coas puntuacións totais das persoas candidatas no proceso de selección e a proposta de contratación de tres (3) peóns forestais, ao abeiro do programa Aprol Rural 2025, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
A contratación, por un período de 9 meses a xornada completa, enmárcase nun proxecto de xestión de biomasa, limpeza de camiños e valorización forestal no termo municipal.
A resolución pode consultarse no arquivo que se achega.
24 de xuño de 2025
O Concello de Rois convocou e aprobou as bases para a contratación de 3 peóns/peoas forestais, dentro do programa Aprol Rural 2025, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR351G).
A contratación, por un período de 9 meses a xornada completa, enmárcase nun proxecto de xestión de biomasa, limpeza de camiños e valorización forestal no termo municipal.
Unha vez recibida do Servizo Público de Emprego de Galicia a listaxe de persoas preseleccionadas, o Concello:
- Admitiu oficialmente ás persoas aspirantes ao proceso selectivo, segundo establece a base 5.2 da convocatoria.
- Fixou a composición do tribunal cualificador, formado por persoal técnico do Concello de Rois e doutros municipios.
- Convocou dúas probas obrigatorias para o día 30 de xuño:
A proba práctica celebrarase ás 08:00 h no local veciñal da Peruca.
A entrevista persoal, ás 09:00 h no Salón de Sesións do Concello.
Nos documentos adxuntos pódense descargar as bases e o decreto do proceso de entrevistas
















