Cortes de tráfico e aparcadoiro durante a festa de Entroido en Rois

Tal e como estaba previsto e despois de consultar as prediccións meteorolóxicas, Rois gozará do desfile de Entroido entre a Casa do Concello e o pavillón dos Dices na tarde deste sábado 10 de febreiro. Lembrámoslles ás persoas participantes no concurso que a recollida de dorsais comezará ás 16.30 horas na casa consistorial e que media hora despois, ás 17.00 horas, o desfile sairá cara ao pavillón dos Dices.

Xa no pavillón, todas as persoas asistentes poderán gozar co concurso de disfraces, a merenda e a actuación do Trío Soprano.

Lembramos que contaremos con aparcadoiro público no patio escolar do CPI dos Dices. Este patio ten acceso directo ao poliderportivo municipal polo cancelo que hai a carón da Escola Municipal de Música.

Ademais, hai que ter en contra que a pista ao pavillón estará cortada ao tráfico para que poidan aparcar as carrozas participantes no concurso e así ter acceso libre ao polideportivo no momento en que lles toque participar. As persoas a pé poderán transitar por ela con normalidade.