-
O Concello promove un vídeo para reactivar o comercio
-
“Somos esenciais para darlle vida ao pobo”, afirma unha das protagonistas
-
Ramón Tojo: “Apostemos polos pequenos negocios para facer un Rois con mellor futuro”
Gandeiros, comerciantes e empresarios de Rois recórdannos que teñen a “medicina” para superar esta crise, buscar solucións para o futuro, compartir mesa ou brindar por todo o que está por vir sempre que se busquen solucións conxuntas. “O comercio local es ti”, recordan os protagonistas do vídeo co que o Concello de Rois quere axudar a reactivar o comercio local.
Empresarios e comerciantes recórdannos neste vídeo de dous minutos que o comercio local está sempre preto para brindar un sorriso, ofrecer produtos de proximidade e de primeira calidade, para coidarnos “por dentro e por fora” e buscar xuntos “as sinais de recuperación”.
“Somos esenciais para darlle vida ao pobo. Máis que veciños, somos unha gran familia”, afirman dúas das protagonistas deste vídeo, no que participan unha ducia de comerciantes e empresarios, dispostos a compartir “novos soños e brindar polo que está por vir”.
Con este audiovisual, e como insistentes empresarios e comerciantes, dende o Concello recálcase que todos e todas formamos parte do comercio local. “Agora máis que nunca apostemos polos pequenos negocios para facer un Rois con mellor futuro”, afirma o alcalde, Ramón Tojo.