O Concello de Rois organiza dúas charlas informativas sobre as distancias obligatorias de corta segundo a Lei de Montes.
Dous axentes forestais do Distrito de Noia impartirán as conferencias, que terán lugar mañá, sábado 23 de marzo, ás 11.00 horas da mañá no Local social de Urdilde e o sábado 30 de marzo á mesma hora, pero no Auditorio Municipal de Rois.