22 de xullo de 2022

Faise pública a resolución definitiva da alcaldía segundo a cal se procede á contratación dunha brigada de incendios forestais. O arquivo pode ser descargado a continuación:

20 de xullo de 2022

Faise pública a resolución de alcaldía na que figuran as puntuacións de méritos e entrevista das persoas aspirantes á contratación dun/dunha xefe de equipo, un/unha peón/peoa conductor/a e tres peóns/peoas para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

Na mesma resolución faise público o nome das persoas convocadas a pasar o recoñecemento médico. Deberán presentarse mañá, xoves, 21 de xullo, ás 8.00 horas, na empresa Mas Prevención, situada en rúa Galegas, 34-36 de Santiago de Compostela.

A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto.

19 de xullo de 2022

O Concello de Rois fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha xefe de equipo, un/unha peón/peoa conductor/a e tres peóns/peoas para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. Na resolución tamén se fai público o nomeamento do tribunal cualificador e a data da entrevista persoal dos candidatos/as.

A data da entrevista queda fixada para o mércores 20 de xullo.

A resolución da alcaldía pode consultarse no seguinte enlace:

9 de xullo de 2022

O Concello de Rois fai públicas as bases para a contratación como persoal laboral temporal dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

O prazo para presentar solicitudes é de cinco días hábiles a partir do domingo 10 de xullo.

As bases e e modelo de solicitude pódense descargar no arquivo que se achega con esta nova.