Mércores, 28 de abril de 2021

Faise pública a resolución final da Alcaldía para a contratación de tres peóns de albanel e dun oficial de primeira para a realización de obras e servizos mínimos no Concello de Rois, ao abeiro do plan de integración laboral da deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

A resolución definitiva, así como a valoración dos méritos achegados e da entrevsita persoal, poden consultarse no documento anexo.

 

Mércores, 21 de abril de 2021

Faise pública a resolución de alcaldía coa lista de pesoas admitidas e excluídas no proceso de contratación de persoal laboral temporal para os postos de 1 oficial de primeira e tres peóns de albanel, a xornada completa, para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Rois, ao abeiro do plan de integración laboral da deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

A entrevista as pesoas candidatas farase o lunes, 26 de abril, a partir das 09.00 horas no salón de pleno do concello.

A resolución pódese consultar no documento adxunto.

 

Martes 13 de abril de 2021

Fanse públicas as bases para a contratación de persoal laboral temporal para os postos de 1 oficial de primeira e tres peóns de albanel, a xornada completa, para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Rois, ao abeiro do plan de integración laboral da deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

Pódense consultar a convocatoria e as bases nos arquivos adxuntos, así como descargar os modelos de solicitude.