11 de agosto de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía coa contratación de 1 peón, na modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, para completar a brigada de prevención e e defensa de incendios forestais do Concello de Rois, en virtude do convenio coa Consellería de Medio Rural.
A resolución pode consultarse en documento adxunto.
9 de agosto de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía co nome da persoa que se presentou ao proceso selectivo para a contratación de 1 peón/peoa para a brigada forestal contraincendios. O candidato queda convocacado para a realización do recoñecemento médico e as probas físicas o xoves 10 de agosto ás 10.00 da mañá en Más Prevención.
A resolución pode consultarse en documento adxunto.
3 de agosto de 2023
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de 1 peón/peoa, na modalidade de contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, para completar a brigada de prevención e e defensa de incendios forestais do Concello de Rois, en virtude do convenio coa Consellería de Medio Rural.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar o decreto de alcaldía coa aprobación das bases, así como as propias bases e o formulario de solicitude.