20 de decembro de 2022
Publícase o nomeamento de catro persoas para os postos de monitor/a de ocio e tempo libre para o programa Divernadal 2022 do Concello de Rois. Así mesmo, na resolución de Alcaldía fanse públicas as puntuacións totais obtidas polos/as aspirantes deste proceso de selección. Atendendo a estas puntuacións, queda tamén constituída unha listaxe de reserva. A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
14 de decembro de 2022
Faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal de catro monitores/as de ocio e tempo libre para o Divernadal 2022. Así mesmo, quedan fixadas tanto a composición do tribunal cualificador como a convocatoria da entrevista persoal. A resolución da alcaldía pode consultarse no arquivo adxunto.
1 de decembro de 2022
Publícase o decreto da alcaldía polo que se resolve convocar un proceso de selección de persoal para a contratación de catro monitoras/es para o programa Divernadal 2022-2023. O decreto pódese consultar en arquivo adxunto.
Fanse públicas as bases do proceso de selección como persoal laboral temporal de catro monitoras/es de tempo libre para o programa Divernadal 2022-2023. As bases e a instancia de solicitude pódense consultar en arquivos adxuntos.